Ameazas Informáticas
Os atacantes melloran as súas técnicas para lograr os seus propósitos. Pero con unhas sinxelas medidas para protexe-lo sistema e uns bos hábitos de uso da Internet estaremos protexidos.
Remataron os tempos nos que o afán dos creadores de virus era o recoñecemento público. A evolución das tecnoloxías da información non pasou desapercibido para os delincuentes, que desenvolven nelas as súas actividades maliciosas co obxecto de lucrarse.

Virus circulando pola rede
Diferentes tipos de virus circulan pola rede en busca de ordenadores desprotexidos e usuarios incautos. As principais motivacións para infecta-lo teu equipo son varias:
- Consegui-los datos bancarios ou de servizos de pago en liña para suplanta-la túa identidade e facer desaparece-los teus cartos.
- Utilizar o teu sistema como ponte para realizar outro tipo de actividades maliciosas; enviar correo vasoira ou atacar outros sistemas.
As vías de entrada dos virus para infecta-los sistemas son moi variadas e están en constante evolución. As máis comúns son::
- Cando se visitan páxinas maliciosas, que aproveitan ocos de seguridade no navegador e nos programas utilizados para ve-las páxinas; reprodutores de vídeo, visores de texto ( (pdf), etc.
- Candos e abren ficheiros maliciosos, que chegan ao sistema a través do correo electrónico, mensaxería instantánea, redes P2P ou descargados directamente de algunha páxina de pouca confianza.
- Candos e conecta o ordenador á memorias USBque previamente foron empregadas nun PC infectado.
Para protexerte terás que ter en conta unha serie de boas practicas; configura-lo sistema de forma segura - unha primeira vez antes de poñerte a navegar-, e apoialo con bos hábitos –cando se navega, se usa o correo, etc.- que non te expoñan a situacións de risco innecesario.
Cantidade de correos innecesarios
Cando recibes correos electrónicos de remitentes que non coñeces e con contidos que son ofertas comerciais ou ben non te interesan en absoluto, estás a recibir spam.
Exemplos típicos de spam son:
- Venta de medicamentos –como viagra ou sucedáneos- e toda clase de produtos milagreiros
- Software pirata ou previsiblemente orixinal a prezos de escándalo
- Ofertas de traballo con suculentos dividendos
- Descontos para subscricións a páxinas pornográficas ou de apostas
Aparte da perda de tempo que isto supón, o spam tamén é utilizado como apoio a outras actividades maliciosas; como a propagación de virus ou o fraude bancario (mediante notificacións que suplantan a identidade do teu banco).
O avance das novas tecnoloxías da comunicación, abre tamén novas vías aos spammers - individuos ou organizacións que envían spam - polas que fan chegar publicidade. Servizos altamente difundidos como a mensaxería instantánea, chats, foros…inclusive o teléfono móbil, están tamén sendo utilizados para tal fin.








