OSI. Oficina de Seguridade do Internauta

Saltar ao contido

Privacidade

A privacidade na rede consiste na habilidade de cada individuo de controlar que información revela un mesmo no conxunto da Internet, e controlar quen pode acceder a ela.

A universalización das tecnoloxías da información, trouxo unha aparición de multitude de entornos nos que se manexan e almacenan os nosos datos persoais.

Dado o valor que ten esta información, e as repercusións negativas que pode ter seu uso non axeitado, é preciso concienciar ós usuarios das TIC da importancia da privacidade.

Entendéndose por privacidade como a habilidade de cada individuo de controlar que información revela dun mesmo no conxunto de Internet, e de controlar quen pode acceder a ela.

Controla-la información persoal que se facilita

O usuario debe velar sobre a información que publica ou facilita a terceiros, valorando a relevancia que pode ter agora e nun futuro.

Lo aconsellable é pensar antes de publicar. Preguntas como ¿permíteme controla-la miña información persoal, quen pode acceder a ela ou cando e onde se publica?, axudaranos a ser conscientes das implicacións de publicar información persoal.

Existen multitude de servizos -redes sociais, foros, páxinas persoais, etc. - nos que hai que valorar estes aspectos.

Garantir que terceiros fan un uso axeitado dos datos

Para velar polo uso dos datos que nos por mutuo acordo cedemos a terceiros contamos en España coa Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal, (LOPD).

A LOPD ten por obxecto garantir e protexer, no relativo ao tratamento dos datos persoais, as liberdades públicas e mailos dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente da súa honra, intimidade e persoal e familiar.

A AGPD é o organismo encargado de velar polo cumprimento da lexislación sobre protección de datos persoais.

Privacidade e Seguridade

Chegado este punto convén diferenciar entre seguridade e privacidade. Mentres que a privacidade trata sobre a determinación de cada individuo de decidir que información sobre e prové e con que propósito. A seguridade se centra na confianza de que esas decisión son respectadas, mediante por exemplo, a correcta protección dos datos persoais almacenados.