OSI. Oficina de Seguridade do Internauta

Saltar ao contido

Problemas de seguridade? Axudámoste

Se chegaches a este punto, seguramente cres que tes un problema de seguridade, pensas que o teu sistema pode estar infectado por un virus, cres estar ante algunha tentativa de fraude ou simplemente tes dúbida se desexas facer unha consulta de seguridade.

O obxectivo desta sección é proporcionarte axuda para saber como actuar e resolver estas situacións a través dunha serie de contidos, ferramentas e servizos que pomos á túa disposición.

Se tes un problema ou unha dúbida e queres contactar connosco directamente, podes chamarnos ao Centro de Atención Telefónica da OSI:



Tamén podes expor teus problemas e dúbidas no noso Foro e o Asistente de Seguridade Online:

Consulta o noso foro de seguridade, para examina-las opinións, consellos e solucións ante problemas de seguridade que trouxeron outros internautas. Ademais, podes contar no foro o teu problema e tanto o noso equipo de técnicos de seguridade como a comunidade internauta axudarante a resolvelo.

O asistente guiarate para identificar e resolve-lo teu problema mediante unha serie de preguntas y respostas. En función da información que nos facilites aconsellarémoste unha serie de medidas para resolve-lo teu caso. Se o teu problema non se resolve, o asistente permitirate contactar co noso equipo de técnicos de seguridade para axudarte de forma personalizada.

Se tes claro que podes estar infectado ou encontrarte ante un caso de Fraude, segue estes procedementos:

Nesta sección detallámo-los pasos a seguir para a eliminación dun virus. Son pasos xenéricos que resolven a maioría dos casos, dada la natureza das infeccións.

Se polo contrario o teu problema se refire a un fraude ou a unha tentativa de fraude, pomos a disposición esta sección onde te indicamos con quen contactar en cada caso.