Correo electrónico
O correo electrónico é o principal protagonista das tentativas de fraude ou distribución de virus por parte dos ciberdelincuentes

O correo revolucionou o xeito de comunicarnos, e aínda coa aparición das redes sociais diminuíu o seu uso, segue a ser –xunto á navegación e ao p2p- un dos principais usos da Internet.
Mais tamén é empregado para propagar cantidade de correos innecesarios;ofertas comerciais non solicitadas, mensaxes fraudulentos, ou directamente virus.
Por estes motivos é importante coñece-la maneira de minimizar estes riscos.
Configura-la túa conta
Actualmente, la maioría dos usuarios consulta a súa conta de correo a través do navegador, mediante o que se denomina correo web (ou webmail en inglés). Estes consellos están enfocados aos tres principais provedores de correo electrónico:Hotmail, Gmail y Yahoo.
Configura de forma segura o mecanismo de recupera-lo contrasinal
Existen dous mecanismos para recupera-la en caso de que se esqueza:
- Conta alternativa.. Podes indicar outra conta persoal, na que en caso de solicitalo envíase a información necesaria para xerar un novo contrasinal.
- Pregunta secreta.. A súa función é verifica-la identidade do usuario, para unha vez comprobado permiti-lo cambio. Para que ninguén poida suplanta-la túa identidade é preciso que a resposta á pregunta só a coñezas ti. Moitos ataques a contas de correo baséanse en que o número de preguntas secretas é limitado (configuradas por defecto) e por ende o numero de respostas tamén. Se sospeitas que alguén pode adiviña-la resposta no empregues este mecanismo.
Evita as intrusións no teu correo
- Utiliza contrasinais seguros. E cámbiaas periodicamente.
- Usa autenticación segura. Para evitar escoitas, ao introducir o teu usuario e contrasinal a información debe ir cifrada. Asegúrate que durante o proceso a dirección da páxina comeza por https, sobre todo en ordenadores públicos.
Ponllo difícil a os virus
- Limita o HTML. Evita, na medida do posible a recepción e mailo envío de mensaxes HTML. Neste tipo de correos é máis sinxelo que exista código malicioso.
- Evita a vista previa. Desactívaa para que non se cargue o contido da mensaxe cando premes nel. Hai virus que se executan simplemente ao aparece-lo contido, sen ter que executar ou abrir nada. Só Yahoo permite seleccionar esta opción.
Evita o spam
- Usa o filtro antispam. Este filtro evita que apareza correo no desexado na bandexa de entrada. Ven integrado por defecto. Se algún se cola márcao como spam para que no volva a molestar. Tamén consulta regularmente a carpeta de spam por se o filtro excedeuse, pode ocorrer… .En Hotmail tamén podes configura-la sensibilidade deste filtro.
Coidado cos múltiples destinatarios. Utiliza a copia oculta –CCO, o BCC en inglés- ;CCO, o BCC en inglés- para que as direccións incluídas no sexan visibles por todos os destinatarios.

Os spammers utilizan as mensaxes reenviados con múltiples destinatarios para recoller direccións as que enviar spam. Ademais cando reenvíe este tipo de mensaxes, previamente borra todas as direccións que aparezan na mensaxe orixinal.
- Limita a difusión da túa conta de correo. Do mesmo xeito que non facilita-lo teu teléfono persoal ao primeiro que pasa. Os spammers buscan as direccións ás que enviar spam na Internet; páxinas, foros, blogs, etc.
No caias en los enganos
- Precaución cos ficheiros adxuntos. Aínda que o remitente sexa coñecido, o correo pode estar infectado. Antes de executalo non esquezas analizalo cun antivirus actualizado.
- Elimina as mensaxes sospeitosas. Elimina os correos de remitentes descoñecidos. E, ante a máis mínima sospeita, non síga-los enlaces que conteñen. Aprende a recoñecer mensaxes fraudulentos.








