OSI. Oficina de Seguridade do Internauta

Saltar ao contido

Móbiles

A meirande parte de nós, dispomos dun móbil que nos permite: chamar, enviar mensaxes, facer fotos, consulta-la axenda, etc. Xa que é un dispositivo moi persoal e con moita información privada, é un bo motivo para mantelo seguro.

Unha rapaza e mailo seu móbil son atacados por virus

Protexe teu móbil

Do mesmo xeito que usas pautas de sentido común cando utiliza-lo teu ordenador, non as esquezas cando úse-lo teu móbil. Sobre todo, debes ter en conta o tipo de información que gardas nel: as fotos persoais, as mensaxes que recibes, a túa axenda de teléfonos dos,etc. Toda esta información privada e persoal é moi importante xa que contén os teus datos persoais e os de os teus contactos.

Para manter seguro o teu móbil asegúrate de protexer:

  • A túa tarxeta de memoria. Normalmente garda os datos persoais: fotos, música, calendario de eventos, etc. Esta tarxeta pódese extraer, gárdaa se non vas a utiliza-lo teléfono e fai copias de seguridade regularmente.
  • A tarxeta da operadora (SIM), que permítenos realiza-las chamadas. Protéxea cun contrasinal (PIN). En caso de roubo, contacta co teu operador para bloqueala. Realiza copias de seguridade dos teus datos periodicamente.
  • O teléfono. Evita deixalo en lugares nos que pódencho roubar. En caso de perda ou roubo, denúnciao á policía, e comunícao ao teu operador. Apunta o número identificativo do teléfono (IMEI) para indícallo ao operador nestes casos. Protexe teu móbil cun contrasinal, e fai que bloquee automaticamente cando o deixes de usar un tempo determinado. Apágao cando non vaias a empregalo.
  • Mantén o software do teu móbil actualizado.

Bluetooth

A maioría dos móbiles, dispoñen dun mecanismo para comunicarse con outros dispositivos mediante Bluetooth. Esto non é máis que unha forma de que dous dispositivos próximos enténdanse para intercambiar información, ben con outro móbil, ordenador, impresora,etc.

Por elo recomendámosche que síga-las seguintes recomendacións en relación ao Bluetooth:

  • Non aceptes conexións de dispositivos descoñecidos
  • Cando non o utilices apágao Bluetooth.
  • Cando o actives. Faino en modo “invisible”, para que calquera persoa descoñecida poida saber se estás conectado

Contrasinais no teu móbil

O teu móbil alberga grande cantidade de datos persoais que debes protexer con contrasinais seguros. A primeira que debes activar é o PIN, o número de identificación persoal, xa que impedirá en caso de roubo que outras persoas poidan activar o teu móbil para realizar chamadas, consulta.la túa axenda, etc.

Non gárde-lo teu contrasinal persoal, PIN, co número de desbloqueo PUK, que proporciona o teu operador.

Utiliza o contrasinal que bloquea o teclado do teu móbil, deste xeito, cando non o esteas a utilizar, protexerá o teu dispositivo o esqueces ou róubano.

Fraude

A meirande parte dos fraudes a través do móbil veñen derivados de incitar ao usuario a chamar a números de tarificación especial, 800, 77x, 905... publicidade enganosa a través do envío de mensaxes fraudulentas para gañar “agasallos incribles”, postos de traballo, liñas eróticas, consultorios sentimentais ou de tarot. Evita contestar a estas mensaxes baseado na enxeñaría social.

Ameazas móbiles

O teu móbil pode ser vulnerable se non o protexes, xa que está exposto ás mesmas ameazas que os ordenadores: virus, spam, phishing, fraude, privacidade, etc. Non deixa de ser un miniordenador de man.

Por elo segue as recomendacións de seguridade básicas , igualmente que o fas para o teu ordenador persoal:

Se vas conectar co teu móbil a unha rede Wi-fi. Asegúrate que é unha rede segura, e non unha rede descoñecida que poida por en risco a túa información persoal e mailo teu móbil.

Pode que tamén interéseche...