Navegación
No te expoñas a riscos innecesarios en Internet. Cuns bos hábitos poderás gozar da rede evitando virus e páxinas fraudulentas.

A maioría dos usos que facemos en Internet son mediante a navegación. A diario nos apoiamos na rede para buscar todo tipo de información e utilizar multitude de servizos.
Pero ao igual que nas grandes cidades, en Internet tamén hai barrios e rúas nas que é conveniente eleva-las precaucións. Mentres navegamos debemos aplica-lo sentido común para non seren víctimas de virus ou tentativas de fraude.
Por estes motivos ofrecémosche unha serie de pautas para que te sintas seguro na rede de redes.
Prepara o PC para empezar a navegar
Sigue os pasos que encontrarás en Protexe o teu PC para reduci-los riscos de infección por virus.
Se precavido mentres navegas
Ademais non esquezas apoialo con bos hábitos que limiten os riscos aos que te expós.
Confiado pero non inxenuo
Coñece-la importancia de saber en que e quen confiar, consulta Fraude / Enxeñería social do ABC de Seguridade.
- No todo o que lees na Internet ten porque ser certo. Utiliza fontes contrastadas e corrobora a información – noutras fontes e/ou medios- para evita-los contidos faltas de rigor y os 'bulos'.
- Sospeita das páxinas con mensaxes chamativas ou moi alarmantes. En ocasións tentar capta-la túa atención para redirixirte a páxinas maliciosas que propagan virus.
- Emprega analizadores de URLs como apoio para saber se unha páxina é de confianza.
En Internet como na vida real: Non tes porque crer o primeiro que te di un descoñecido, por moi chamativo que sexa. O normal é crer en persoas da túa confianza u en fontes contrastadas
Coidado coas descargas
- Cando necesites descargar algún programa, faino sempre dende as páxinas oficiais, ou ao menos dende páxinas de confianza.
- Todo o que descargues, analízao cun antivirus antes de abrilo ou executalo.
Hai que saber como xestiona-los contrasinais
- Coñece como xestionar os contrasinais nos navegadores a que non caian en mans de terceiros.
Para facer trámites seguros
- Compras, bancos, subhastas…coñece os elementos que te axudan a facer tramites en liña dun xeito seguro.








