Protexe o teu PC
Aquí atoparás os principais elementos e as ferramentas que fan un sistema seguro. Configura o PC para que non sexa vulnerable, e deste xeito, tamén evitarás que se converta nunha fonte de inseguridade para amigos e colegas.
Uns bos hábitos ao emprega-los servizos que nos proporciona internet –navegación, correo, redes sociais, etc.- son fundamentais para non expoñernos a riscos innecesarios.
Pero non tódalas ameazas se poden evitar. Se non protexémo-lo sistema correctamente, podemos seren vítimas do virus, e de usuarios maliciosos simplemente cando nos conectamos para navegar por Internet.
Elementos básicos para non quedar infectado
A continuación detállanse os principais elementos que debes ter en conta para ter un sistema robusto co que sentirte seguro na rede.
- Ten o sistema á última para que os virus non poidan atoparse no punto débil.
- Utiliza a conta axeitada para evitar que os virus poidan manipula-lo teu PC.
- Confía nun antivirus como última defensa. Así como en outras ferramentas de fácil xestión.
Para obter unha seguridade completa
Tampouco esquezas prestar atención aos seguintes elementos. Sóese dicir que a seguridade informática é como unha cadea, y que esta será tan forte como o máis débil dos seus eslavóns.
- Se tes unha rede inalámbrica protéxea. Evitaras escoitas e usos indebidos de terceiros.
- Configura o teu navegador para que estea protexido durante a navegación.
- Utiliza contrasinais robustos para evitar que suplanten a túa identidade.
- Controla as comunicacións do teu PC e evita os virus que se propagan pola rede.
- Protexe o teu ordenador portátil das súas ameazas
Se xa e demasiado tarde...
Por último, en caso de ter un incidente -ten presente que non existe a seguridade 100%- tamén podes recorrer á funcionalidade de restauración do sistema e ás copias de seguridade.
- Volve a un estado previo no que o sistema funcionará correctamente.
- Sé previsor para poder recupera-los teus datos máis importantes ante un desastre.








